Daniel Asorey gaña o premio Johán Carballeira de poesía

Daniel Asorey gaña o premio Johán Carballeira de poesía

O premio Johán Carballeira de xornalismo, para Moncho Iglesias por unha peza sobre Corea do Norte que se publicou en Tempos Novos.


 

Daniel Asorey é o gañador da XXI edición do premio Johán Carballeira de poesía, galardón que recibe pola súa obra ‘Transmatria’. O xurado argumenta que é un libro de poemas onde destaca a potencia dunhya linguaxe innovadora e as marxes dos corpos como capacidade de transformar e superar.

 

Daniel Asorey (Compostela, 1970), profesor e escritor, gañou en 2016 o Premio Narrativa Breve Repsol coa obra ‘Nordeste’.

 

O xurado deste premio estaba presidido por María Reimóndez, gañadora da edición anterior

 

Xornalismo

 

‘Corea do norte: a vida dese outro lado’ e publicada en Tempos Novos foi o artigo gañador do Johán Carballeira de xornalismo. Un traballo que, aberta a plica, resultou ser de Moncho Iglesias. O xurado, presidido pola xornalista e directora do semanario Sermos Galiza María Obelleiro –gañadora da edición anterior- destaca que esta peza xornalística ofrece unha perspectiva alternativa aos tópicos que na maioría dos medios de comunicación se deitan sobre Corea do Norte.

 

Ambos os dous premios son concedidos polo Concello de Bueu.



x