'MARÍA SOLINHA 2.0' TAMÉN SE PRESENTOU EN CANS

A Deputación de Pontevedra involúcrase no novo filme de Ignacio Vilar

A Deputación de Pontevedra involúcrase no novo filme de Ignacio Vilar
O cineasta Ignacio Vilar, con cazadora azul, no Festival de Cans. En primeiro plano, de pucha, o director do certame Alfonso Pato.
O cineasta Ignacio Vilar, con cazadora azul, no Festival de Cans. En primeiro plano, de pucha, o director do certame Alfonso Pato.  

O cineasta Ignacio Vilar vén de recadar o apoio da Deputación de Pontevedra para o seu novo filme, María Solinha 2.0. Así o escenificaron director e altos cargos do ente provincial nun acto celebrado esta sexta feira na sala de prensa do Pazo Provincial.  
 


O proxecto de Vilar transcorre no século XXI, aínda que os paralelismo coa historia de María Solinha, a heroína de Cangas do século XVII, son evidentes. “Entronca coa actual reclamación de dignidade da muller en todos os eidos da sociedade”, indican desde a produtora -Vía Láctea Films-, “e convida á reflexión sobre os desafíos que debe afrontar unha muller no século XXI”.

maría solinha deputación

No acto da Deputación, a presidenta Carmela Silva e mais o deputado de Cultura, Xosé Leal, acompañaron a Vilar, quen explicou que a rodaxe -tamén apoiada polo Concello de Cangas- se desenvolverá en Cangas, Vigo, as Illas Cíes ou Bueu entre outubro e novembro de 2018.

'A que andas?' en Cans


Non foi a única actividade do proxecto María Solinha 2.0. O cineasta, autor da Esmorga ou Vilamor, asistiu á 15ª edición do Festival de Cans e presentou o filme na sección A que andas?, en que autores e autoras expoñen os seus traballos en curso.

Nota: imaxe do acto de presentación de 'María Solinha 2.0' na Deputación de Pontevedra.

María Solinha 2.0 trata da historia dunha moza de Cangas que “soña con ser unha grande actriz” a través dun método intrpetativo revolucionario. “Será quen de acadar o seu obxectivo sen que o prezo social e persoal da súa ousadía lle resulte insoportable?”, pregúntase a sinopse oficial do filme.