17 DE XUÑO NA CORUÑA

'O des-en-freo', un documental sobre a poeta Emma Pedreira

'O des-en-freo', un documental sobre a poeta Emma Pedreira
A poeta Emma Pedreira. Foto: cedida.
A poeta Emma Pedreira. Foto: cedida.  

A súa extensa e influínte obra poética comezou hai 20 anos con Diario bautismal dunha anarquista morta e chega a Antídoto (2018). Narradora premiada -vén de gañar o Jules Verne de literatura xuvenil-, Emma Pedreira (A Coruña, 1978) e agora obxecto de O des-en-freo, un documental de Daniel Chapela, Beatriz Pereira e Sara Piñeiro.
 


O filme proxectarase esta segunda feira, 17 de xuño, no local da asociación cultural Alexandre Bóveda da Coruña. Nel participan colegas escritoras como Eli Ríos, María Lado, Miriam Ferrandáns, Susana Sánchez Arins ou Lucía Novas, o poeta e libreiro Quico Valeiras, a crítica Antía Marante ou o editor David Cortizo.

Na presentación coruñesa estarán a propia Pedreira e mais un dos directores, Daniel Chapela.