As dúas beiras do Miño a celebrar o Día Mundial da Radio da man de Ponte…nas Ondas!

As dúas beiras do Miño a celebrar o Día Mundial da Radio da man de Ponte…nas Ondas!

Denís Suárez, xogador do FC Barcelona nado en Salceda de Caselas convida a participar na iniciativa.


O portal “Escola nas ondas!” , o primeiro espazo para difundir e espallar os podcasts e os programas das escolas galegas e portuguesas e de todo o ámbito da lusofonía, acolle as producións elaboradas por escolas das dúas beiras do Miño para o Día Mundial da Radio 2018. Escolas que realizarán programas en directo o día 21 de febreiro debido a que o día 13, o Día Mundial da Radio coincide coa  celebración do Entroido.

 

Denís Suárez, o xogador do FC Barcelona nado en Salceda de Caselas envíalle unha mensaxe a Ponte... nas ondas ! convidando á participación.


As escolas ou os alumnos a título individual poden participar enviando os programas ou podcasts que desexen ao enderezo [email protected]. Tamén poden compartilos desde  calquera plataforma  como Ivoox, Soundcloud, Itunes, Spreaker, etc.

 

Do mesmo xeito serán publicados na o portal audivisual imaxes ou vídeos que teñan como tema o deporte e a radio. Hai unha canle de vídeo para os traballos das escolas. Outra forma de participación é o envío de mensaxes de audio ou vídeo a través de Whats App ao número:  603 896 495

 

Entre as propostas que as escolas poden abordar nos seus programas están os xogos tradicionais, a relación dos deportistas e a radio, o xornalismo deportivo, retransmisión deportivas na radio, a igualdade de xénero no deporte, a lingua galega e o deporte, as olimpiadas e os deportes para-olímpicos, etc.



x