Eduard Velasco gaña o Díaz Castro de poesía

Eduard Velasco gaña o Díaz Castro de poesía
Eduard del Castillo Velasco [Imaxe: Wikipedia]
Eduard del Castillo Velasco [Imaxe: Wikipedia]  

O escritor galego-catalán vén de gañar a segunda edición do Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía que organiza o Concello de Guitiriz. 


A obra gañadora titúlase 'O filósofo coxo', e foi premiada por un xurado composto polo poeta Miguel Anxo Fernán Vello, a tradutora Ánxela Gracián e o crítico Armando Requeixo. Presentáronse 44 orixinais a este galardón. A obra será publicada nos vindeiros meses pola editorial Espiral Maior.

Eduard Del Castillo Velasco (Barcelona, 1982) é, ademais de escritor, filólogo e tradutor. Neste momento rexenta a libraría Chan da Pólvora en Santiago de Compostela, xunto coa tamén poeta Alicia Fernández, nun proxecto conxunto con Antón Lopo e outros que tamén conta cunha editorial centrada na poesía. En 2014 tamén gañou o premio Xosé María Pérez Parallé, grazas a 'Ruído de trens' que publicou ao ano seguinte tamén en Espiral Maior. 



x