«POLO NOVO CONSENSO»

Eduardo Maragoto recuncará como presidente da AGAL

Eduardo Maragoto recuncará como presidente da AGAL
Eduardo Maragoto presenta nova candidatura á presidencia da AGAL
Eduardo Maragoto presenta nova candidatura á presidencia da AGAL  

O profesor Eduardo Maragoto volta estar á fronte da equipa que se presenta para o Consello da AGAL nas eleccións, co mesmo título de hai catro anos: «Polo Novo Consenso» . É a única candidatura presentada. 


Após catro anos na cabeza da asociación máis potente do reintegracionismo, o professor Eduardo Maragoto volta presenta de novo candidatura á presidencia da Associaçom Galega da Língua (AGAL), cunha equipa ampliada que procura para «aproveitar as oportunidades que nos abre o reconhecimento a Carvalho Calero polo Dia das Letras». É a única candidatura presentada, polo que Maragoto recuncará como presidente da AGAL.

O nome da candidatura ás eleccións do vindeiro 11 de outubro de 2019 repite o «Polo Novo Consenso» de hai catro anos, retratando a idea de continuidade na política de procurar consensos da cultura galega cara á converxencia co portugués.

O programa ofrece tres eixos principais de acción: fortalecer os consensos na consolidación da lusofonía como espazo natural da lingua galega, converter o ano de Carvalho Calero nun punto de inflexión na relación coa lingua portuguesa e divulgar a vivencia reintegracionista como proveitosa, quer no cultural, quer no persoal.

Ademais, o proxecto de Maragoto fai fincapé na explotación profunda da Lei Paz Andrade, «tanto no que di respeito à promoçom do português no ensino como no campo das relações galego-portuguesas no ámbito comunicativo, social e institucional».