Emma Pedreira acada o Premio Narrativas Quentes

Emma Pedreira acada o Premio Narrativas Quentes
Emma Pedreira
Emma Pedreira  

A poeta coruñesa e o seu 'Corazón e demais tripas' levaron a sétima edición do premio Narrativas quentes que organiza Edicións Positivas.


O xurado vén de informar que a obra gañadora da VII edición do premio Narrativas Quentes é a titulada 'Corazón e demais tripas', da que é autora Emma Pedreira, autora de longa traxectoria, fundamentalmente no eido da poesía. 

Segundo o xurado, “esta experiencia da autora, principalmente como poeta, nótase na excelente escrita, na fermosura das súas descricións e na precisión da linguaxe. Os rexistros son múltiples, desde os próximos ao realismo máis brutal ate a prosa poética. Sempre hai unha contención para deixar abertas outras posibilidades. Contención rodeada sempre de certo misterio”.

Emma Pedreira

A escritora coruñesa ten acadado tamén múltiples premios literarios, como o Johán Carballeira, o Eusebio Lorenzo Baleirón, o Bouza Brey, o Modesto Figueiredo ou o Novacaixagalicia, entre outros. Te publicado once obras poéticas, catro delas en Espiral Maior, e dous libros de narrativa ('Bestiario de silencios' e 'As cinzas adentras').