Entrega dos premios Ozoco en Boborás

Entrega dos premios Ozoco en Boborás
Un momento da entrega de premios o pasado sábado
Un momento da entrega de premios o pasado sábado  

O pasado sábado celebrouse a entrega dos premios da 4ª edición do Concurso de Micro-relato OZOCOgzno Pazo da Almuzara, en Boborás (Ourense).


Na entrega do premio estiveron, ademais das premiadas e do dúo de jazz Pardedous, o xurado do concurso composto polos escritores Fran Alonso, Camilo Franco, Concha Rousia e Elena Gallego Abad, J. Manuel V. Lorenzo, gañador da edición do ano pasado e librarías coma Andel de Vigo, Escolma do Carballiño, Pedreira de Compostela, Miranda de Bueu ou Vagalume de Lalín.

O primeiro premio foi para o relato 'Os demos que me visitan', de Susana González, e o finalista foi para o texto 'Pola madrugada', de Andrea Otero, que recolleron senllos galardóns e agasallos. 

OZOCOgz é unha empresa de deseño galega que naceu coa “vocación de dar outra visión do deseño desde unha óptica galega con identidade propia”.