Lydia Botana: "A primeira banda monteina aos 17 anos; estaba chea de tocar con homes"

Lydia Botana: "A primeira banda monteina aos 17 anos; estaba chea de tocar con homes"
[Imaxe tirada de Pretikia]
[Imaxe tirada de Pretikia]  
Ken nos Keima, tema en solitario da 'Bolboreta', pon o acento galego no disco Lo peor de la rumba, unha iniciativa do Bar Mariatchi de Barcelona e con Manu Chao entre @s [email protected] da que fan parte recoñecidas bandas do talle de Che Sudaka ou La Pegatina. Podes escoitar xa Ken nos Keima en Radio Sermos.


O 'pasmón peatón' de Celso Emilio, que collera corpo na voz do García, cambiou de ritmo. Quen escoite a nova formación de Labregos do tempo dos Sputniks (agora Labreg*s) notará a man de Lydia Botana. Profesora, compositora, cantante, instrumentista, é unha apaixonada da música á que nada lle pon medo

Como entraches en contacto coas Labreghas?

Eu coñecía o Leo do Reperkusión de Allariz, hai catro anos, e pareceume que tiña unha proposta moi intelixente, admirábao e fomos falando. A García coñecíao de Dios ke te Crew, mais non persoalmente. Propuxéronme colaborar con eles, despois da “ruptura” coa miña última banda, cando cadrou que lles marchou o Vero, o batería. E xa lles dixen “eu non son batería!” Eu ser son pianista, toco o acordeón, guitarra e teño feito percusión, mais batería... E dixéronme “Toca o que queiras!” E entendémonos de pingas. Empecei a conseguir módulos de batería, a través de La Pegatina (un grupo catalán), Isha, unha amiga percusionista, e practicar cunha batería “de [email protected]” que ten o Leo na casa.

E como está a ser a experiencia? Sputniks sodes abondo @s tres...

Si, non paramos, estamos cadaquén a mil! Mais cadramos moi ben. O García séntese moi cómodo: eu esmérome moito en apoiar a palabra, en que o que transmite rapeando colla máis forza. Tiña medo do Leo, de non ser quen de seguilo, porque vai bastante ao seu aire, mais finalmente entendémonos moi ben.

Que lles achegaches? Polo de pronto, o 'pasmón peatón' de Celso Emilio ten outra cadencia, xa non vai tan acelerado como antes.

Encantoume ver que cambiaron na súa páxina a formación e as influencias: incluían Mano Negra! Eu tiven a sorte de estar con Manu Chao aí atrás, ensinoume moitísimo. E púxenme coa batería grazas a Garbancito. Achegueille novos estilos ao grupo: metinlles ska e reggae no repertorio, raggamuffin... Dicía o Leo “non entendo por que non metemos esta música antes, se é súper revolucionaria”. Fixemos sete temas nada máis entrar, metinme de cheo. Eles tamén me deixan facer ao meu aire, entendémonos moi ben e coidámonos moito.

Como está o panorama da música? Segue a ser masculino?

O que hai son poucas mulleres instrumentistas... Eu son de Culleredo e pensaba que era cousa de alí, mais está xeneralizado. Estiven en Inglaterra hai pouco e a pregunta que che adoitan facer cando chegas aos sitios é “e ti que es, a cantante?”. Foi moi bo contactar con Sés, que é unha muller incríbel, e abriume un pouco os ollos. Tamén con Antonella, dos Russkaja, ou Flor, da Troba Kung Fu. Son moi consciente das dificultades, mais eu paso de todo. Son unha namorada da música.

Ti tiveches moita iniciativa, montaches unha chea de bandas aquí e en Italia...

A primeira banda monteina para tocar con tías! Aos 17 anos, porque estaba chea de tocar con homes... Cheguei mesmo a aprender a tocar o baixo, porque non era capaz de atopar baixista ningunha na miña zona. Mais a verdade, non notei diferenzas, tocando con homes ou mulleres sempre me trataron como unha máis.

E botando a vista atrás, que salientas da túa traxectoria?

Tento aprender de todo, do malo e do bo. As bandas son como relacións, vives con elas, pásalo ben, pásalo mal... Nalgunhas traguei bastante até que rebentei. Mais a verdade é que desde que me desvinculei totalmente da última banda, hai cinco meses, convidáronme á Universidade de Paul MacCartney, cantei en The Cavern en Liverpool, coñecín e toquei con Manu Chao, agora chegan as Labreg*s... Coa música nunca se sabe, as cousas van saíndo. Eu sobre todo tento ser fiel a min propia e non me importa o que dirán. E teño que agradecerlle á miña familia o seu apoio, xunto co(a)s [email protected] de Fonte e as boas persoas e mú[email protected] que verdadeiramente o son pola súa humildade e corazóns.

É que es ben completa!. Tocaches na rúa, en bandas sinfónicas...

Eu veño do Conservatorio, mais en 2009, cando estiven tocando na rúa en Italia, despois dos 40 euros mellor investidos da miña vida nunha guitarra, sentín que aquilo era marabilloso, auténtico. Volvino facer na Coruña despois.

Váleche a túa experiencia docente (en campamentos, colexios, clases particulares) para 'lidar' cos compañeiros de banda?

(Ri) Si, “lidar” é a palabra. Xusto. Hai que lidar con eles. Eu son igual que @s [email protected], o de ter que falarlles distinto non o entendo. Estou metida de cheo no mundo do ensino e Leo tamén é profe. Niso entendémonos ben: para nós, a educación é parte fundamental do futuro, é a arma que temos. É outra paixón que teño, o ensino.