TRADUCIÓN DA EXITOSA NOVELA DE LEDICIA COSTAS

'Escarlatina, a cociñeira defunta', fala coreano

'Escarlatina, a cociñeira defunta', fala coreano
A escritora Ledicia Costas. Foto: M. O.
A escritora Ledicia Costas. Foto: M. O.  

O máis exitoso dos exitosos libros da escritora Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta (2014), fala coreano. A editorial Pink Whale acaba de publicar a historia de Escarlatina, a cociñeira do século XIX que, acompañada da araña Lady Horreur, elabora “gorentosas receitas” no inframundo. A tradución é de Jeongha Kim.
 


escarlatina a cociñeira defunta en coreano

A obra que lle valeu a Costas (Vigo, 1979) o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura, nas librarías da man de Edicións Xerais, atópase traducida ao castelán ou ao catalán. O pasado ano, a autora deulle continuidade ao personaxe con Os arquivos secretos de Escarlatina (Xerais).

Os seus títulos máis recentes, deste ano e tamén no prelo de Xerais, son As peripecias de Extravaganzza Pérez e A balada dos unicornios, ambas as dúas dirixidas ao lectorado infantil e xuvenil. En coleccións enfocadas a persoas adultas, Ledicia Costas publicou Un animal chamado néboa (Xerais, 2015), relatos ambientados na II Guerra Mundial.



x