A escritora Mª Xosé Lamas gaña o Arume de poesía infantil

A escritora Mª Xosé Lamas gaña o Arume de poesía infantil
Mª Xosé Lamas
Mª Xosé Lamas  

Cantigas para aprender a soñar da escritora e actriz Mª Xosé Lamas resultou gañadora da sétima edición do premio Arume de Poesía infantil que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas. 


Natural de Vilalba, Mª Xosé Lamas conta na súa obra poética con títulos publicados como Catro palabras caladas, Datando lembranzas ou Ao norte do camiño.

“Coherencia interna e emoción lírica” foron valorados no poemario de Mª Xosé Lamas por un xurado formado por Rosalía Morlán, Xoán Andrés Fernández Castro, Lois Reimóndez e o propio Xosé Neira Vilas. O xurado destacou a calidade das doce obras presentadas e decidiu facer mención especial a Cando as follas voan de Antón Cortizas, O libro dos medos que non son, de María Canosa e Versos e bicos de Xosé Luna. O premio será entregado o próximo día 15 na Fundación Neira Vilas e Edicións Embora será a encargada da publicación da obra. 

En anteriores edicións, o premio Arume recaeu en Rafa Vilar, Concha Blanco, Helena Villar ou Xosé Mª Álvarez Cáccamo, primeiro gañador das sete edicións.