“A Esmorga” optará a mellor guión adaptado nos Premios Goya

“A Esmorga” optará a mellor guión adaptado nos Premios Goya
Ignacio Vilar
Ignacio Vilar  

Ignacio Vilar e Carlos Asorei son finalistas na categoría de mellor guión adaptado dos Premios Goya. “A tropa de trapo na selva do arco iris”, da produtora Abano ademais de Javier Gutierrez e Nerea Barros completan a presenza galega. 


A Esmorga será candidata a mellor guión adaptado na gala de entrega dos premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. Malia que se agardaba que a interpretación de Antonio Durán, Morris, Karra Elejalde ou Miguel de Lira fose recoñecida nos galardóns do cine español, ningún dos tres resultou finalista para os premios que se entregarán o vindeiro 7 de febreiro. Karra Elejalde candidátase, en camio, pola súa interpretación en Ocho Apellidos Vascos. 

Os nomes de Ignacio Vilar e Carlos Asorei como autores da adaptación da novela de Blanco Amor  foron pois os únicos de A Esmorga que se sentiron na lectura dos finalistas que tivo lugar este día 7 de xaneiro. Canda eles, a película de animación A tropa de trapo na selva do arco iris, da produtora galega Abano si que accedeu á final no apartado de filmes de animación mentres que o actor de Ferrol, Javier Gutierrez é candidato a actor secundario por La isla mínima, dirixida por Alberto Rodríguez. A actriz Nerea Barros opta pola mesma película a actriz revelación. 

A película El Niño na que participa a produtora galega Vaca Films opta, entre outras nominacións, á de mellor película. 



x