EN SAN DOMINGOS DE BONAVAL, COMPOSTELA

A exposición 'Alba de Gloria' prorrógase até o 17 de marzo

A exposición 'Alba de Gloria' prorrógase até o 17 de marzo
A exposición 'Alba de Gloria' en Bonaval, Compostela. Foto: cedida.
A exposición 'Alba de Gloria' en Bonaval, Compostela. Foto: cedida.  Foto: Uxía Castro

17.500 persoas, entre alas máis de 2.500 escolares, pasaron pola exposición Alba de Gloria. Unha experiencia, organizada polo Consello da Cultura. O seu peche oficial era o pasado 3 de marzo, mais o éxito de publico mudou os plans. A mostra permanecerá aberta até o 17 de marzo en San Domingos de Bonaval.
 


É a segunda prórroga de Alba de Gloria, “a proposta que recrea e contextualiza o discurso de Castelao en que cita as grandes personalidades da cultura galega”. O rianxeiro pronunciou a súa intervención o 25 de xullo de 1948 en Bos Aires. Unha estadea de persoeiros históricos do galeguismo toma corpo: de Alfredo Brañas a Concepción Arenal, de Diego Xelmírez a Benito Vicetto.

“A mostra foi concibida cun marcado carácter participativo”, explican desde o Consello da Cultura. Entre as actividades que reforzaron esta idea atópase a proposta de que a visitante indique quen falta entre os 65 personaxes que cita Castelao. 9.335 votos despois, “o ránking está liderado por Castelao (co 14% dos votos), seguido de Maruxa Mallo (8,1%) e María Pita (6,8%). Séguenlle Álvaro Cunqueiro, Xosé Neiras Vilas, Manuel María e Isaac Díaz Pardo”.



x