AXENDA

Que facer nesta fin de semana?

Que facer nesta fin de semana?
Quico Cadaval, unha das persoas que participan en Atlántica
Quico Cadaval, unha das persoas que participan en Atlántica  

Atlántica. Festival Internacional de Narración Oral

Galiza

Diversos espazos

12-23.3.2019

Galiza convértese, máis un ano, no epicentro da narración oral cunha nova edición do Atlántica Festival Internacional de Narración Oral. Un evento que medra e que reúne desta volta 30 contadores e contadoras de historias e máis de 80 actuacións para públicos diversos. Ao longo de dez días, desde o 12 até o 23 de marzo, o Atlántica propón contos nas rúas, bares, parques, teatros e centros cívicos en máis de quince vilas galegas: Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén, A Fonsagrada, Monforte de Lemos, Viveiro, A Coruña, Ourense, Vigo, Brión e Cuntis.

O género da tradiçom

Compostela

Gentalha do Pichel

14.3.2019

20-22.00h

A Gentalha do Pichel acolhe e organiza estas Jornadas sobre Património Cultural Imaterial e Género com a finalidade de tecer fios invisíveis e revisar os estereótipos sexistas presentes na tradição cultural galega. Será nas quintas feiras 14 e 21 de março e o 4 de abril, de 20h a 22h. Trataram-se temas como a oralidade, música e baile com Faia Diaz, Xulia Feixoo, Carminha Do Porrinho e Chus Caramés. Ao rematar, o colóquio continuará arredor duns petiscos.

75 anos Sempre en Galiza

Ferrol

Antigo Hospicio

14.3.2019

20.00h

Homenaxe aos 75 anos de Sempre en Galiza de Castelao da man de María Pilar García Negro e Xoán Carlos Garrido Couceiro (especialistas na obra de Castelao).

Vida de Cans

Carballo

Pazo da Cultura 

15.3.2019

21.00h

Talía Teatro presenta “Vida de Cans”, unha comedia escrita por Candido Pazó e baseada no humor absurdo, paródico e metafórico.

Budiño en concerto

Compostela

Sala Capitol

15.3.2019

21.00h

Budiño presenta o seu novo traballo discográfico, “Fulgor”, após seis anos en silencio, con dez cancións orixinais, cun pé na raíz e outro na vangarda.

VII Xornadas sobre o Entroido en Galiza

Pontevedra

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

15-16.3.2019

18.00 a 21.00h

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais de Pontevedra acolle, entre o 15 e 16 de marzo de 18h a 21h, as VII Xornadas sobre o Entroido en Galiza, nas que se abordarán cuestións como o teatro popular no Entroido de Pazos de Borbén, as máscaras do Entroido ourensán, a repercusión do Entroido de Samede ou a cuestión do Carnaval de Podence. Ademais, contarán cunha exposición fotográfica sobre o Entroido de Galiza, aberta mañá e tarde.

Contra a política do espolio

Betanzos

Matadoiro da Ribeira

16.3.2019

18.30-20.30h

Proxección e coloquio de Redes contra a política do espolio, documentario realizado por Xose Anton Bocixa Rei e Nós Televisión como resistencia á destrución de empresas enerxéticas, mineiras e a xestión do lixo.

Magín Blanco

Viveiro

Teatro Pastor Díaz

16.3.2019

18.00h

A nena e o grilo máis aló é unha obra de teatro destinada ao público infantil, froito da colaboración de Magín Blanco coa compañía Teatro Ghazafelhos.

Obradoiros de Cultura Menstrual

A Coruña

Centro Medra

16-17.3.2019

10.00-14:00 e de 16.00-18.00h

O obradoiro “Somos unha, somos moitas” busca o autocoñecemento consciente do ciclo menstrual coa finalidade de realizar un plan de autocoidado con perspectiva de xénero.

Encontro aberto con Manuel Rivas

Redondela

Multiusos da Xunqueira

20.3.2019

19.00h

O escritor Manuel Rivas participa nesta actividade dentro do proxecto Literaturas Irmás/Irmãs de intercambio bibliotecario co municipio de Monção, vila irmandada con Redondela.