Que facer nesta fin de semana?

Que facer nesta fin de semana?
Dios ke te crew
Dios ke te crew  

O Son do Pazo´19

Mos 13-14.9.2019 Pazo de Mos

Feira, exposicións e música ao vivo con Airiños do Castelo, Böj e Algarabía na sexta feira e, o sábado, Atlántida de Matamá Grupo de Gaitas, Arume, Pepe Vaamonde Grupo e Airiños da Febra.

Concerto Ensemble Hotteterre

Lugo 13.9.2019 Igrexa de Santa María 20.30h

Concerto de Ensemble Hotteterre, grupo que traballa para recuperar o uso da gaita de fol na música de cámara a partir das composicións e traballos de J.M. Hotteterre, promovido pola Fundación Vicente Risco.

Cantos na Maré

Pontevedra 13-15.2019 Diversos espazos

O festival da lusofonía, Cantos na Maré, completa a súa XV edición cunha programación que xunta máis de vinte concertos distribuídos por toda Pontevedra entre os días 13, 14 e 15 de setembro. Mayra Andrade e Enredadas, Clara Peya e Maria João, Bia Ferreira, Vivi Pozzebón, Brasil Dub, Napalma, Assa Matusse, Laura Lamontagne, DJ Mil e Mohammed Yahya, o Coro da Marinha, As Cantigas de Elena e Zeltia Irevire son algunhas das artistas que actuarán.

As Cores de Outono

A Pobra do Brollón 14.9.2019 Diversos espazos  19.30h

Bota a andar ás 19.30h cun espectáculo familiar, ‘Concerto singular’, de Píscore, e a partir das 21.00h comezarán as actuacións de Milladoiro, Bouba Pandeireteiras e Magín Blanco.

Festival Rock in Rian

Rianxo 14.9.2019 Parque Galiza

Coas actuacións dos grupos Reincidentes, Ebri Knight, Dios Ke Te Crew, Festicultores, Mekanika Rolling Band e La Duendeneta.

Somos iguais

A Coruña 14.9.2019 Biblioteca Miguel González Garcés 12.00h

Somos iguais, contacontos por Raquel Queizás, narra as aventuras e historias para desmontar estereotipos e fomentar a empatía ao tempo que se goza da escoita.

Obradoiro de Pegadas de Fauna

Carballo 14-15.9.2019 Espazo de natureza de Oza

Un obradoiro de achegamento ás pegadas, indicios e rastros dos animais máis comúns da nosa contorna, bosques, zonas húmidas... a través de moldes de pegadas, identificación de indicios etc. Dirixido a persoas de todas as idades, o obradoiro desenvolverase desde o sábado 14 até o domingo 15 de setembro, de 10.30h a 13.30h, no Espazo de natureza de Oza. Para máis información: 611 037 617, 611 037 614 e [email protected]

Miúdo Fest

Mos 14-15.9.2019 Sala Rebullón

Este festival para crianzas contará coas propostas de A Gramola Gominola, a Banda dos Insectos, Elephants Yard, Antón Ké, Mago Marco e Cé Orquesta Pantasma.

Os monicreques de Kukas

O Barco de Valdeorras 15.9.2019 Na rúa 12.00h

“Xan Perillán compra queixo compra pan” é unha obra de teatro infantil, realizada por Os monicreques de Kukas, que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques.

María Miramontes: muller galeguista, modista moderna, exiliada e esquecida

Compostela 18.9.2019 Biblioteca Pública Ánxel Casal 19.30-21.00h

Charla da historiadora e escritora Encarna Otero Cepeda, co gallo do 80 aniversario do exilio republicano, sobre a activista e intelectual galega María Miramontes e a súa época.