Falece Eduardo Fajardo, o actor de Mosteiro que puxo rostro de vilán en ducias de filmes de ‘Spaguetti westerns’

Falece Eduardo Fajardo, o actor de Mosteiro que puxo rostro de vilán en ducias de filmes de ‘Spaguetti westerns’

Morreu aos 94 anos de idade. Ao longo da súa vida interveu en máis de 180 películas.


O actor galego Eduardo Fajardo faleceu aos 94 anos de idade. Naceu en Mosteiro (Meis) en 1924, aínda que na adolescencia se trasladou á Rioxa. En 1947 iniciou a súa carreira artística, sendo os seus primeiros pasos como actor de dobraxe a inicios desa década.  Aparece por primeira vez ante a cámara na película Héroes del 95, de Raúl Alfonso (1947).

A súa é unha carreira especialmente prolífica, máis de 180 filmes. Nas décadas dos 60 e dos 70 o seu rostro fíxose familiar entre os afeccionados ao spaghetti western, nos que se especializou no papel de vilán.

Na súa última etapa profesional, dedicouse ao teatro, participando en máis de 75 obras.