O Fanzine Fest fai bailar A Coruña a ritmo de música electrónica

O Fanzine Fest fai bailar A Coruña a ritmo de música electrónica
O artista Levon Vincent, un dos protagonistas do Fanzine Fest (Fanzine Fest)
O artista Levon Vincent, un dos protagonistas do Fanzine Fest (Fanzine Fest)  

Do 5 ao 7 de decembro a cidade herculina acolle a quinta edición do Fanzine Fest, un encontro que reúne máis de 20 artistas do universo electrónico, entre os que destacan Levon Vincent, GalaxianLena Andersson -Kyoka & Eomac- ou Dorian Concept.


A Coruña sitúase esta semana no epicentro da escena da música electrónica de vangarda mundial. Do 5 ao 7 de decembro a cidade herculina acolle a quinta edición do Fanzine Fest, un encontro que reúne máis de 20 artistas do universo electrónico.

Figuras como The Horrorist, Roi,  Levon Vincent, Galaxian, Lena Andersson -Kyoka & Eomac- ou Dorian Concept participarán na edición máis ambiciosa até o de agora do Fanzine Fest.

A organización aposta por "visibilizar e dinamizar" a escena de vangarda local e a cultura underground, co obxectivo de "xerar, tamén desde un punto de vista didáctico e divulgativo, un ecosistema único na Galiza con proxección estatal e internacional".

Xunto á súa aposta musical, o festival inclúe toda unha programación expandida repleta de actividades e obradoiros, que inciden na aposta por achegar a escena electrónica a todos os públicos. 

Ademais, nesta quinta edición,  Fanzine Fest recollerá "as múltiples sensibilidades e estilos que conforman o heteroxéneo universo electrónico de vangarda", como ambient, experimental,  electrotechno, post-punk, industrial ou acid; ademais de numerosas propostas sonoras acompañadas de creacións audiovisuais.