Feira do Libro de Bos Aires, capital Compostela

Feira do Libro de Bos Aires, capital Compostela

Outro dos acontecementos literarios do ano é a Feira do Libro de Bos Aires, que terá como cidade convidada a Santiago de Compostela. A representación galega inclúe 25 escritores do país. 


Manuel Rivas, Domingo Villar, Xavier Queipo, María Solar, Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán-Vello, Miguel Anxo Murado, Pedro Feijoo, Ledicia Costas, Xaquín del Valle-Inclán, Diego Ameixeiras, Cesáreo Sánchez, Chus Pato, Xesús Alonso Montero, Víctor F. Freixanes, Ramón Villares, María Meijide, Xavier Alcalá, Luís G. Tosar, Elena Gallego, Clara Gayo, Antón Lopo, Benigno Campos, Ángel Carracedo e Jorge Mira participarán nas actividades programadas na capital arxentina para promover a nosa cultura neste espazo de intercambio entre os diferentes actores da industria editorial internacional.

A Feira Internacional do Libro (FIL) de Buenos Aires 2016, que se celebrará na cidade arxentina do 21 de abril ao 9 de maio, tamén acollerá a participación de editoriais e outros axentes da cadea de valor do libro, así como institucións como a propia Xunta de Galicia, o Consello da Cultura ou o Concello de Santiago, convertíndose no grande escaparate da produción literaria galega actual. Durante tres semanas, Galicia será protagonista da axenda bonaerense con exposicións, charlas, espectáculos escénicos e proxeccións audiovisuais.