Festigal 2018: Sés, Rebelion do Inframundo e A banda da Balbina nun cartaz no que se mantén Valtonyc

Festigal 2018: Sés, Rebelion do Inframundo e A banda da Balbina nun cartaz no que se mantén Valtonyc

Sonia Lebedynski, Os Viqueiras de Ordes, The Lelli Kelly’s, DJ Bambooh completan o cartel do festival, que mantén o nome de Valtonyc en solidariedade co rapeiro exiliado.


Festigal, máis un ano, volverá o 24 e 25 de xullo á súa cita con Compostela, nas portas do Día da Patria e do propio 25 de xullo. Esta terza feira déronse a coñecer os nomes do cartaz do festival, no que continúa a figurar Valtonyc, o rapeiro exiliado após ser condenado a prisión pola letra das súas cancións, nun xesto de solidariedade.

DffBxPQXkAYsNjh

O día 24 os concertos comezarán ás 22:00 horas e decorrerán no ampus Sur da Universidade de Compostela, o emprazamento habitual do Festigal. Abrirá fogo o rock and roll de The Leli Kelly’s –gañadores do Novo valores Fetigal 2018- para dar paso a Ses, cantautora rock que leva uns anos revolucionando a escena da música en galego.

 

O hip hop de combate e sen pelos na lingua de Rebeliom do Inframundo tomará o relevo. Alta intensidade e letras que non van polo rego auguran un concerto dos de agardar coas orellas ben abertas. O DJ Bambooh poñerá o ramo a esta primeira xornada.

 

O domingo os concertos serán a partir das 17:00 horas e na carpa de café-concerto do Festigal. Será aí a quenda da forza gaiteira de Os Viqueiras de Ordes, da voz e calidade de Sonia Lebedyski e, para completar a xornada, a Banda da Balbina e toda a festa que poida caber nun escenario.



x