O Festigal convoca a V edición de “Novos Valores” para impulsar artistas emerxentes

O Festigal convoca a V edición de “Novos Valores” para impulsar artistas emerxentes
[Imaxe: Festigal] Presentación do concurso
[Imaxe: Festigal] Presentación do concurso  

O concurso “Novos Valores” do Festigal chega á súa V edición para darlle visibilidade e impulso a artistas e bandas emerxentes.


Da sexta feira 15 de marzo ao 1 de maio, artistas e bandas emerxentes poderán presentarse ao concurso “Novos Valores”, do Festigal, que chega á súa quinta edición.

O xurado que elixirá a artista ou banda gañadora -e que tocará no Festigal o 24 de xullo, véspera do Día da Patria Galega- estará formado por Claudia Quintela e Alberte Fernández como membros de Galiza Nova e persoas do ámbito cultural como Navia Rivas, Iria Pinheiro, Teresa Cuíñas, Lano Costoia, Xiana Arias, Marcos Paino, Catuxa Irago e un representante da banda gañadora do ano anterior.

“É importante este concurso para lle dar visibilidade a novas propostas musicais en galego”, sinalou durante a presentación do concurso o secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández. Como se demostrou en edicións anteriores, a participación neste concurso “serve como unha plataforma de lanzamento para logo ter un recoñecemento no panorama musical galego como aconteceu cos gañadores dos últimos anos The Lelly Kellis e Son da Rúa”.