Festival “De noso”, a proposta galega para o San Froilán

Festival “De noso”, a proposta galega para o San Froilán
Presentación do Fesstival
Presentación do Fesstival  

A sexta  feira, día 4 de outubro, no mesmo inicio do San Froilán, e en Lugo desenvólvese o Festival “De Noso” que ofrecerá, segundo os seus promotores, a maior presenza de cultura galega nas máis populares festas. Cés Orquestra Pantasmas, Eudemónicas ou Os Tres Trebóns porán música á xornada. 


“Este ano a presenza de músicos locais e música galega no San Froilán vén grazas ao Festival “De Noso” sinalou Mario Outeiro, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación no acto de presentación do programa do Festival “De noso”, organizado pola Asociación Cultura do País. 

Cé Orquestra Pantasma, Eudemónicas e Os Tres Trebóns protagonizarán un concerto nos xardíns do Museo de Lugo a partir das 22.30 horas, para pechar unha xornada na que, na tarde, desenvolveranse a presentación de aulas de pandeireta, do libro “Todos os días” de Alberte Ramos con Berta Dávila e o DVD do filme “Villamor” de Ignacio Villar.  O presidente da asociación cultural Cultura do País, Serxio Aller, e o secretario da mesma, Antón Somoza estiveron presente na presentación do congreso que se desenvolverá no Museo de Lugo.