AXENDA

Unha fin de semana de castañas, música e teatro

Unha fin de semana de castañas, música e teatro
Castañas
Castañas  

A fin de semana do Samaín vén cargada de castañadas, magostos e moita cultura. Do punk en Chantada á música máis clásica en Compostela, velaí a nosa axenda. Non hai excusa para ficar na casa.


Semuá

A Coruña

Teatro Colón

1.11.2019

20.30h

A IV Semana das Músicas do Audiovisual presta especial atención ao pianista e compositor Federico Jusid e realiza unha homenaxe á película Sempre Xonxa.

Castañazo Rock

Chantada

Mercado Gandeiro

1-2.11.2019

Contarán coa presenza de Soziedad Alkohólika, Dios ke te crew, SFDK, Narco ou Auxili, entre outras bandas.

Magosto

San Sadurniño

Igrexafeita

2.11.2019

Cun programa que inclúe a actuación do Mago Adry, degustación de castañas, sopa de cabaza e xamón escaldado.

Noutrén

Compostela

A casa do taberneiro

6.11.2019

A VI sesión, Descolonizando territorios e corpos. A soberanía feminista, contará con palestras de Ximena González, Iraitz Agirre Aranguren e María Reimóndez.

12 doces de outono

Compostela

Diversos espazos

Até 17.11.2019

Gastronomía e artes escénicas nos centros socioculturais, os domingos, da man de artistas como Paula Carballeira, Emi Candal, Javier Fernández, Atenea García e Xoán Curiel.

Teatro de Malpica

Malpica

Diversos espazos

6.12.2019

O festival cumpre 15 anos e, para celebralo, contan con once propostas escénicas moi variadas, entre as que está Redrum Teatro, Malasombra Producións ou Baobab Teatro.

Fragmentaria

Compostela

Fundación Eugenio Granell

Até 12.1.2019

Vén de inaugurase a exposición de escultura do artista José Perozo, que mostra unha vintena de elementos, inspirada na construción do carácter e a personalidade humanas.