SÁBADO 6 DE ABRIL NA CASA MANUEL MARÍA

Final do concurso de recitado de Rosalía en Outeiro de Rei

Final do concurso de recitado de Rosalía en Outeiro de Rei
A Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. Foto: cedida.
A Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. Foto: cedida.  

“Potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e o recitado da poesía en galego de Rosalía de Castro e da ampla obra poética de Manuel María” é o obxecto do concurso Rosalía Sempre Viva, que este sábado 6 de abril acolle a súa fase final na Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei.
 


Enfocado aos estudantes do ensino non universitario -de primaria a bacharelato e ciclos formativos-, o certame inciouse arredor do Día de Rosalía nos centros escolares. Deles saíron as e os finalistas, ordenados en catro categorías: na primeira e na segunda participan os cativos e cativas de primaria, na terceira e na cuarta, os de secundaria bacharelato e ciclos formativos.

O xurado que decidirá os premios fórmano “persoas do ámbito do ensino e do teatro”. A xornada comezará ás 11.15 e estenderanse ao longo de todo o día.