19 DE OUTUBRO

O folk fusión de Caldo abre a tempada cultural da Casa Manuel María

O folk fusión de Caldo abre a tempada cultural da Casa Manuel María
O trío folk Caldo, que abre a programación da Casa Museo Manuel María. Foto: cedida.
O trío folk Caldo, que abre a programación da Casa Museo Manuel María. Foto: cedida.  
Apenas tres instrumentos, guitarra, violín e pandeireta, abóndanlle a Caldo para facturar folk fusión, unha ligadura de “melodías de raíz” e “outros contextos musicais”. A súa proposta abre a nova tempada cultural da Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei este sábado, 19 de outubro, ás sete da tarde.

Caldo presentará o seu disco homónimo, “de sonoridade singular”, composto e fabricado por Pedro Fariñas, María Jorge e Anais Barbier, músicos de extenso percorrido en proxectos como SonDeSeu, Dadga, Fiandola, Transilvanians ou High Paw. O concerto é de entrada libre até completar aforo, mais é necesario reservar entrada.

De aquí a finais de ano, a Casa Museo Manuel María acollerá o teatro de Lucecús -Os libro contraatacan-, Títeres Alakrán, ou os músicos Brais Morán e Berlai.