PRESENTACIÓN O 7 DE FEBREIRO

A Fundación Moncho Reboiras edita un opúsculo de Lenin sobre Marx

A Fundación Moncho Reboiras edita un opúsculo de Lenin sobre Marx

A presentación e o posterior coloquio terán lugar esta quinta feira ás 19:30 horas na libraría Couceiro.


A Agrupación Cultural O Galo organiza un coloquio xunto coa presentación do libro Vixencia do pensamento de Marx a quinta feira, 7 de febreiro, ás 19.30 horas, na libraría Couceiro.

A obra, traducida por Rafa Vilar e editada por FESGA, recolle Karl Marx, Estudo biográfico cunha exposición do marxismo, da autoría de V.I. Lenin, ademais dun estudo sobre o marxismo realizado por Claudio Katz, investigador do materialismo histórico.

No coloquio intervirán Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras e Luis Gonçalez Blasco-Foz, profesor de ensino medio e vogal da AC. O Galo.