Nico Casal, autor da banda sonora dunha curta nominada aos Oscar

Nico Casal, autor da banda sonora dunha curta nominada aos Oscar
Nico Casal
Nico Casal  

Nico Casal é o compositor da música de Stutterer, unha curta escrita e dirixida por Benjamin Cleary que vén de ser seleccionada para competir nos Oscar.


Casal é un pianista e compositor compostelán que reside en Londres e se dedica fundamentalmente a crear bandas sonoras para filmes, publicidade e tamén teatro. Acadou en 2015 o premio á Mellor Banda Sonora no Festival de Cans polo seu traballo filme 'Unary', e en 2013 o galardón á Mellor Música Promocional nos premios Jerry Goldsmith por un anuncio para o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa. Proximamente estrearase 'María y los demás', dirixida por Nely Reguera, que conta tamén conta con banda sonora do seu selo.

O filme nominado, 'Stutterer' (Tatexo), do director irlandés Benjamin Cleary, xa acadou máis dunha ducia de premios antes de chegar á alfombra vermella de Hollywood:  mellor filme estranxeiro no LA Short Fest, premio da audiencia no DC Shorts Film Festival, no OFFLine Film Festival, no Savannah Film Festival e moitos máis. 

STUTTERER - TRAILER from benjamincleary on Vimeo.