O 4 DE XUÑO NA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL DE COMPOSTELA

O Galo convoca a ler en voz alta a obra de Xabier P. Docampo

O Galo convoca a ler en voz alta a obra de Xabier P. Docampo
O escritor Xabier P. Docampo. Foto: cedida.
O escritor Xabier P. Docampo. Foto: cedida.  

A Asociación Cultural O Galo quere conmemorar o primeiro cabodano do escritor Xabier P. Docampo lendo a súa obra. E léndoa en voz alta. Para tal efecto convoca as interesadas e os interesados o vindeiro 4 de xuño ás cinco da tarde na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
 


“Os e as participantes porémoslle voz á palabra de Docampo, evitando calquera tipo de discurso” máis alá do elaborado polo autor na súa ampla e celebrada obra. A acción durará dúas horas, xa que ás sete desa mesma tarde, a crítica “e máxima coñecedora” da súa literatura, María Jesús Fernández, ofrecerá “unha palestra”.

O Galo chama a aquelas e aqueles que queiran colaborar a se anotar antes do 25 de maio en [email protected] e a indicaren “un tramo de media hora entre as cinco e as sete para adxudicar a orde das lecturas”.