Gelria, o navío de Manuel Antonio navega de novo como grupo musical 

Gelria, o navío de Manuel Antonio navega de novo como grupo musical 

Gelria navega de novo. Elena Tarrats, Mario Cortizo e Federico Mosquera tomaron o nome do buque holandés no que Manuel Antonio estivo embarcado para titular o seu proxecto musical. Poemas de todos os tempos tórnanse cancións da man de Gelria. O grupo presentarase no festival Feito a Man de Compostela o vindeiro día 20. 


De cara a comezos do outono contan ter xa o seu primeiro traballo discográfico na man, que sairá publicado como libro-disco. Polo de agora, presentan o seu proxecto na Casa das Crechas de Compostela, dentro do programa do festival Feito á Man a vindeira quinta feira día 20 de agosto. Son Gelria, un novo grupo composto por Elena Tarrats, Mario Cortizo e Federico Mosquera que toma o nome do buque no que o poeta Manuel Antonio viaxou embarcado a América. 

Ramón Cabanillas, Luís Pimentel, Cunqueiro, Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro, Ferrín, Luz Pozo ou Bernardino Graña son algúns [email protected] poetas a quen Gelria pon música, con vontade tamén de contribuír a difundir a obra de autores e autoras da nosa literatura.

Gelria define o seu proxecto como “antoloxía poética musicada” na que percorren boa parte da historia literaria galega. A música respira sons da tradición mais tamén do jazz ou da música contemporánea, consonte a propia poesía demande. Mario García Cortizo e Federico Mosquera Martínez compoñen a música das cancións que adiantan o eclecticismo dun grupo que nace para que a poesía se estenda con son. 
 



x