SÁBADO 27 DE ABRIL NA CASA MUSEO MANUEL MARÍA

Germán Díaz e Benxamín Oteo levan as súas “trece cancións bonitas” a Outeiro de Rei

Germán Díaz e Benxamín Oteo levan as súas “trece cancións bonitas” a Outeiro de Rei
Germán Díaz (esquerda) e Benxamín Otero. Foto: cedida.
Germán Díaz (esquerda) e Benxamín Otero. Foto: cedida.  

Trece cancións bonitas pesca melodías en clásicos avanzados -Erik Satie-, en autores do canon europeo -Schubert- ou en instrumentistas virtuosos -Galliano-. A maiores, inclúe composicións propias. Propias dos músicos Germán Dáz e Benxamín Otero, argallantes do sutil, “ecléctico e accidental” proxecto. O sábado 27 de abril lévano á Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei.
 


O concerto será ás oito do serán e con entradas a cinco euros. Polas catro mans do dúo pasarán múltiples instrumentos, de vento no caso de Otero; zanfona, caixas de música e órganos mecánicos no de Díaz. Son eles propios os que ademais perforan os cartóns para programar estes artefactos e crean así unha singular sorte de arranxos actuais para vellas e belas melodías.

Máis alá das delicadas cancións bonitas, editadas tamén en cedé, as actuacións de Otero e Díaz serven para observar os trebellos musicais e instrumentos pouco habituais dos que fan uso: óboe, corno inglés, órgano de barbaria ou aurephone, por exemplo.