Gonzalo Hermo e Xabier Quiroga, Premios da Crítica en poesía e narrativa en galego

Gonzalo Hermo e Xabier Quiroga, Premios da Crítica en poesía e narrativa en galego
Gonzalo Hermo
Gonzalo Hermo  

Celebración de Gonzalo Hermo (Apiario) en poesía e Zapatillas Rotas de Xabier Quiroga (Xerais) en narrativa foron recoñecidos pola Asociación Española de Críticos Literarios cos Premios Nacionais da Crítica en lingua galega que anunciaron en Pontevedra. 


O xurado nomeado pola Asociación Española de Críticos Literarios xuntouse en Pontevedra para escollerenos gañadores dunha nova edición do Premio Nacional da Crítica. No apartado de lingua galega, os gañadores foron Gonzalo Hermo por Celebración, primeiro libro da editorial Apiario que promoven as poetas Antía Otero e Dores Tembrás e Xabier Quiroga con Zapatillas Rotas (Xerais) en narrativa. 

Andrés Ibáñez e a súa novela Brilla, mar del Edén e Lorenzo Oliván co poemario Nocturno casi foron os gañadores en lingua española. En lingua catalá  o premio recaiu en Els nois, de Toni Sala, e no poemario Ningú més i l'ombra, de Màrius Sampere. Unai Elorriaga con Iazko hezurrak en narrativa e Piztutako etxea de Felipe Juarist para poesía foron os triunfadores desta edición para euskera, unha edición dos Premios da Crítica na que as deliberacións tiveron Pontevedra como escenario e da que resultaron oito novos gañadores -dous para cada lingua oficial do Estado-, desta volta, todos eles homes.