Guadi Galego: novo single e novo vídeo

Guadi Galego: novo single e novo vídeo

Balada de Verán é o novo adianto de ‘Inmersión’, un tema con Lisandro Aristimuño e Germán Díaz. Vídeo no Interior.

 


Novo adianto dun tema do disco Inmersión e novo vídeo. Guadi Galego volve mergullarnos con ela con Balada de Verán, canción con Lisandro Aristimuño, cantante e compositor arxentino que se atreve a cantar en galego neste tema. Xunto coa zanfona, caixa de música e serrucho de Germán Díaz e a creación visual de Carlos Lago o resultado é o que pode verse a seguir.

‘Inmersión’ publicarase o 25 de outubro e virá acompañado dunha xira de presentación de sete datas que pasará por Compostela, Vigo, Vilalba, Ourense, Coruña, Madrid e Cedeira.