Guadi Galego, premio á promoción da Realidade Plurilingüe no Estado español

Guadi Galego, premio á promoción da Realidade Plurilingüe no Estado español
[Imaxe: Cedida] Guadi Galego
[Imaxe: Cedida] Guadi Galego  

Concedido polos territorios con idioma propio, galardoa o disco ‘Immersión’ da de Cedeira, traballo cantado en sete idiomas da Península.


Guadi Galego segue a reunir recoñecementos, parabéns e premios polo seu último traballo, Immersión, un traballo formado por once versións do seu propio cancioneiro e un inédito. Os gobernos que fan parte do Protocolo de colaboración en política lingüística – isto é, Galiza, Euskadi, Nafarroa, Catalunya, Valencia e Balears – veñen de decidir conceder o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado a Guadi Galego.

Un galardón concedido precisamente polo seu último traballo, Immersión, no que recolle pezas cantadas en sete linguas da Península Ibérica (galego, éuscaro, catalán, aranés, asturiano, portugués e castelán),

“É unha revisión musical e lingüística das miñas tres últimas obras”, expoñia Galego (Cedeira, 1974) a Daniel Salgado nunha conversa para Sermos Galiza, “porque pasei un intre de catarse e quixen volver atrás. Creo que lle sucede a moitos artistas, o que pasa é que tamén dá moita preguiza”. Lúas de outubro e agosto (2014), O mundo está parado (2016) e Bóla de cristal (2018), tratados pop con querenzas folk, son as fontes de Immersion, que publicará Boa.

"Quería que as miñas fillas escoitasen esas linguas"

A relectura é musical e é lingüística. As cancións pasan a sete idiomas, todos falados na Península Ibérica: catalán, euskera, occitano, aranés, asturiano, portugués, castelán e galego. “Pensei nos meus fillos e fillas. Quería que escoitasen esas linguas, algunhas moi minorizadas”, di.

Estes premios teñen recoñecido en edición anteriores a Microsoft ou Eroski polo seu uso das diversas linguas do Estado.