O guionista Carlos Ares, novo Presidente da Academia do Audiovisual

O guionista Carlos Ares, novo Presidente da Academia do Audiovisual

O guionista Carlos Ares é o novo Presidente da Academia Galega do Audiovisual, en substitución do actor Antonio Mourelos. Tamara Canosa, Nani García, Manolo González ou María Yañez forman parte da directiva.


A Academia Galega do Audiovisual elixiu esta sexta feira en Asemblea que se desenvolveu na Coruña unha nova xunta directiva coa aprobación da única candidatura presentada, encabezada polo guionista Carlos Ares. 

Ademais do ex presidente da Asociación Galega de Guionista que ocupará agora o cargo de presidente da AGA, a xunta directiva estará tamén composta pola actriz Tamara Canosa e o músico e compositor Nani García como vicepresidentes. O Dani de la Torre; o actor Antonio Durán "Morris"; o ensinante e documentalista Manolo González; a xornalista e presentadora Irene Lourido; a produtora Luisa Romeo González; a actriz María Vázquez; e a produtora e xornalista María Yáñez Anllo completan a nova xunta directiva que rexerá a Academia durante os vindeiros dous anos. 

“Temos que dinamizar, promover, fomentar o coñecemento do noso cine, a nosa televisión e outras disciplinas audiovisuais, o noso patrimonio audiovisual, a nosa cultura en definitiva, entre a sociedade”, sinalou o novo presidente. 



x