FESTIVAL FEMINISTA

O Guísamo Folk reúne Seivane, Leilía, Tanxugueiras e a Quinta

O Guísamo Folk reúne Seivane, Leilía, Tanxugueiras e a Quinta
Susana Seivane [Imaxe: susanaseivane.net]
Susana Seivane [Imaxe: susanaseivane.net]  

Inicia este sábado 24 de agosto a XX edición do Guísamo Folk no concello de Bergondo. Neste festival, comprometido coa Galiza e o feminismo, todas as actuacións serán de mulleres artistas galegas. Así, poderase desfrutar das actuacións de Susana Seivane, Leilía, Tanxugueiras e da agrupación local Quinta San Vitoria.


69403667_2415731025370816_7487015770963050496_oBergondo acolle unha nova edición do festival Guísamo Folk, e xa van vinte anos deste evento comprometido coa Galiza, a música e a cultura. O feminismo tamén é unha reivindicación do festival e este ano as actuacións serán a cargo de mulleres artistas galegas.

Susana Seivane, Leilía, Tanxugueiras e Quinta San Vitorio compoñen o cartel desta edición. Os concertos comezarán este sábado 24 de agosto ás 21.00 horas no campo da feira.

As actividades e obradoiros iniciáronse á tarde, após o tradicional xantar onde houbo food  trucks, obradoiros e xogos, así como iniciativas de concienciación sobre a reciclaxe e o feminismo.

O festival quere nesta edición contribuír a pór en valor o papel das mulleres na música tradicional galega, segundo aseguran desde o goberno local.

As orixes do festival folk de Guísamo remóntanse a finais da década de 1970, cando un grupo de mozas e mozos organizaron un festival de música tradicional.

Após desaparecer por falla de financiamento, no ano 2000 recupérase por iniciativa municipal baixo o nome de Guísamo Folk.

Algúns dos mellores nomes da música folk mundial actuaron en Bergondo nestes 20 anos, como Luar na Lubre, Gwendal, Mercedes Peón, Lúnasa, Oskorri, Susana Seivane, Cristina Pato, Celtas Cortos, Berrogüetto, A Roda, Tejedor, Os Cempés, Macfeck, Xabier Diaz & Adufeiras de Salitre, Nuevo Mester de Juglaría, Ávalon, Roi Casal, Radio Cos, Kepa Junkera & Sorginak, Asturiana Mining Company, Braht, Trisquel, Balakandra, Alén do Mar, Birimbao, Aïsha, The Tannahill Weavers, Guadi Galego, Óscar Ibáñez & Tribo, MIlladoiro, etc.