Gz-Vídeos disponibiliza documentos históricos de Castelao no seu 64 cabodano


Gz-Vídeos disponibiliza documentos históricos de Castelao no seu 64 cabodano

A plataforma de videoactivismo súmase desta maneira ás actividades preparadas para conmemorar ao rianxeiro. Entre o material compilado hai cancións, gravacións da súa voz ou o filme que Jorge Prelorán e Manuel Ferrol rodaron sobre a súa vida. 


Imaxes históricas que repasan a súa vida. Gravacións coa súa voz. Documentais como Estrela na alba ou Castelao e os irmáns da liberdade que recollen a súa actividade política no exilio ou o translado dos seus restos mortais.

Cancións como a de Suso Vaamonde para recordar o que el deixara dito: que só cando a Galiza fose ceibe quería voltar a ela. Máis música: Olla meu irmán interpretada por Miro Casabella e por Pepe Constenla; ou Irmán Daniel na voz da Quenlla. Unha escolma dos relatos curtos con que nos agasallou. E até un filme: o que sobre a súa vida fixeron Jorge Prelorán e Manuel Ferrol.
 


​Son algúns dos materiais que compilou a plataforma de videoactivismo popular Gz-Vídeos nun especial preparado para conmemorar o 64 cabodano de Daniel Castelao. A listaxe de documentos sobre o rianxeiro complétase coas gravacións [email protected] intelectuais que falan del. Entre [email protected], Carvalho Calero.



x