Heredeiros pon fin a 6 anos de silencio discográfico con 'Derretidos'

Heredeiros pon fin a 6 anos de silencio discográfico con 'Derretidos'

Novo disco dos do Barbanza e inicio de 'Europrea', a xira que os leva a actuar en Londres, Xenebra ou Barcelona.


Após 6 anos de silencio discográficos os Heredeiros da Crus saca Derretidos, o seu novo traballo, 12 temas nos que sen renunciar á marca propia da casa, os do Barbanza mergúllase en reminiscencias dos 70 e procuran unha maior contundencia.

derretidos heredeirosÉ o décimo disco de Heredeiros, que toma o relevo de Jard rock con fe (2013). Desde aquel xa mítico A cuadrilla de Pepa A loba (1994) a traxectoria deste quinteto transitou pola querencia por un rock irreverente adobado con sotaque e cosmovisión barbanzá.

A saída do forno de Derretidos vai da man do inicio da nova xira de Heredeiros, que baixo o nome de 'Europrea', levará o conxunto a tocar en diversos escenarios, de Compostela a Barcelona, de Arrecife a Londres, de Xenebra a Madrid.