PONTO, O REI DA GALIZA E DA BRETAÑA

Un heroe galego de ficción para os franceses do Medievo


Un heroe galego de ficción para os franceses do Medievo

Coñecías a existencia dun nobre que na Idade Media reinou na Galiza e na Bretaña?? Un libro recolle a súa historia. Tes todo sobre este tema no Sermos190, xa na rúa.

 

 

Acaba de traducirse ao galego por vez primeira de forma completa Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña, unha novela de cabalería do século XIV que foi un auténtico best-seller en toda Europa e que ten por heroe que encarna todas as perfeccións un fillo dun rei galego.

miniatura_cultura

A editorial Rinoceronte e Henrique Harguindey, o principal tradutor galego do francés, veñen de encher un importante baleiro ao verquer ao galego esta obra -de autor descoñecido- cuxa existencia só era coñecida practicamente por algúns filólogos e medievalistas, principalmente franceses. Xa nos anos 80, Méndez Ferrín reclamou a tradución desta obra que tanto éxito tivo na Idade Media en Europa, sendo traducido a varias linguas europeas. “Só en alemán foron publicadas 22 edicións”, abonda Harguindey, “está en importantes bibliotecas, coma a da raíña de Francia, e hai un detalle importante: o nome de Ponto non existía, e a partir de entón faise moi popular en Francia e en toda Europa, e aínda hoxe é moi común en moitos países”.

A íntegra desta historia, unha reportaxe a dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos190, nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.



x