OS VASCOS SOZIEDAD ALKOHOLIKA ENCABENZAN O CARTAZ

Hip hop e clásicos do metal core no Castañazo Rock 2019

Hip hop e clásicos do metal core no Castañazo Rock 2019
Soziedad Alkoholika nun concerto en Santurtzi (Euskal Herria). Foto: Wikipedia.
Soziedad Alkoholika nun concerto en Santurtzi (Euskal Herria). Foto: Wikipedia.  
A segunda etapa do Castañazo Rock de Chantada é xa máis lonxeva que a primeira. Aquel epicentro bravú virou en dous días de festival e un cartaz co máis graúdo da escena punk, rock e hip hop da Galiza e do Estado. Desta volta, Soziedad Alkoholika encabezan unha cita cuxa primeira xornada o 1 de novembro estará centrada no rap.

castañazo rock 2019 2E ese Día de Todos Os Santos no mercado gandeiro de Chantada estarán SFDK e as dúas bandas do xénero principais na Galiza: Dios Ke Te Crew e Ezetaerre. O street punk dos vigueses Skacha, o folk punk dos vascos Huntza e metal dos navarros Koma completan a noite.

O 2 de novembro, sábado, ademais de Soziedad Alkoholika, pasarán polo escenario do Castañazo os andaluces Narco, clásicos do rap metal, Nao nun dos concertos da súa derradeira xira, o reggae dos cataláns Auxili e máis dúas versións diferentes da charanga: a Balkan Bomba e a Mekanika Rolling Band.

As entradas para o Castañazo xa se atopan á venda a 22 euros por día ou 34 o abono para todo o festival.