A homenaxe á literatura infantil será múltiple no próximo Salón do Libro

A homenaxe á literatura infantil será múltiple no próximo Salón do Libro
Salón do Libro
Salón do Libro  

Cada ano, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra homenaxea a un autor ou autora da escrita para públicos novos. A próxima será a 15 edición e, con este motivo, queren celebrar a [email protected] que foron [email protected] en anteriores edicións. 


María Vitoria Moreno, Neira Vilas e Anisia Miranda, Bernardino Graña, Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Paco Martín, Gloria Sánchez e Marilar Aleixandre son os autores e autoras que recibiron a homenaxe anual do Salón do Libro Infantil e Xuvenil que para a próxima edición, cando se cumpren 15 desde o seu nacemento, prepara un recoñecemento colectivo a quen se lle adicou até o momento a celebración anual. 

“Cociñando Contos” será o tema escollido para a próxima edición, vencellado ao proxecto europeo “Europa a la carta” no que participa en parcería coa editorial Oqo.  A ilustradora da AGPI que se encargará de deseñar o o cartel será Natalia Rey González, Pirusca que traballa na imaxe do encontro que terá lugar do 14 de marzo ao 5 de abril.