LOGO DA REPERCUSIÓN DO SEU DISCO DEBUT DE 2018

'Hoxe', nova canción e vídeo de Oh! Ayatollah

'Hoxe', nova canción e vídeo de Oh! Ayatollah
Oh! Ayatollah. Foto: Christofer Fernández.
Oh! Ayatollah. Foto: Christofer Fernández.  

Pop de guitarras rítimico e veloz, lírica de relativa celebración existencial, talento melódico. Oh! Ayatollah volveuno facer. O seu novo sinxelo, Hoxe, estende as virtudes do seu loado elepé de debut, Volve a canción protesta (2018).
 


Gravado e producido por Hevi, e cun vídeo dirixido por Xaime Miranda -“unha festa súper excesiva que nos encantou gravar”- Hoxe remite ás músicas aceleradas dos estadunidenses The Feelies e emparenta con outras proostas da escena independente galega, por caso Esposa. “Hoxe fala de estar ben e vivir no momento presente”, explícanse desde o grupo con sede en Compostela.

“Gústanos dicir que facemos pop”, engaden, “sempre quixemos que as nosas cancións servisen para que a xente puidese bailar, berrar, rir ou desesperarse connosco”.



x