“ATEVIDA APOSTA PLÁSTICA” DE 'O CAN DE MIMO'

A húngara Mariann Máray gaña o premio Compostela de álbum ilustrado

A húngara Mariann Máray gaña o premio Compostela de álbum ilustrado
O xurado do premio Compostela de álbum ilustrado e o concelleiro de Educación en funcións de Compostela (Manuel Dios, terceiro pola esquerda) con planas da obra gañadora. Foto: Kalandraka.
O xurado do premio Compostela de álbum ilustrado e o concelleiro de Educación en funcións de Compostela (Manuel Dios, terceiro pola esquerda) con planas da obra gañadora. Foto: Kalandraka.  

A “atrevida aposta plástica reforzada pola multiplicidade cromática próxima á estética naif e ao mundo da infancia” de O can de Mimo valeulle á húngara Mariann Máray a décimo segunda edición do Premio Internacional Compostela de Albums Ilustrados. Fallouse esta quinta feira.
 


O xurado formárono Nazaret de Sousa, Noemí Villamuza, Xosé Cobas, Manuela Rodríguez e José Morán, e tamén distinguiu como finalista Atrapamiradas, das catalás Marina Núñez (autora) e Avi Ofer (ilustrador). Foron as dúas obras escollidas entre case 300, procedentes de 24 países.

“A calidade dos proxectos e dos dous finalistas, así como a súa diversidade enriquecedora” resulta indiscutíbel para Manuela Rodríguez, membro do xurado pola editorial Kalandraka, a entidade que, canda o Concello de Compostela, organiza o certame.

Nove mil euros en concepto de adianto polos dereitos de autor e a publicación nas cinco linguas oficiais da Península Ibérica e mais en inglés conforman a dotación do concurso.