Ignacio Vilar inicia a rodaxe de “Sicixia”

Ignacio Vilar inicia a rodaxe de “Sicixia”
sicixia
sicixia  

O director Ignacio Vilar bota a andar a rodaxe da súa vindeira película dos días 3 a 6 de xullo na Rapa das Bestas de Sabucedo. No entanto, a Costa da Morte será o escenario privilexiado de Sicixia, unha película que protagonizarán Monti Castiñeiras, Marta Lado e Tamara Canosa. 


Cando aínda está sen pechar a promoción de A Esmorga, o filme co que Ignacio Vilar levou á pantalla grande a novela de Blanco Amor, o director bota a andar a rodaxe da súa vindeira longametraxe que se titulará Sicixia.

Monti Castiñeiras, Marta Lado e María Canosa serán os protagonistas deste novo filme que ten como principal escenario a Costa da Morte mais que parte da Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada) onde se desenvolverá a primeira fase do 3 a 6 de xullo. A rodaxe prolongarase até abril de 2016 e realizarase en formato dixital. 

O título da película provén dun temo de astronomía que noema a posición na que os centros do Sol, a Terra e a Lúa están en liña recta. O filme narra a historia de amor entre Xiao, un inxeñeiro de son que percorre espazos singulares de Galiza para gravar os seus sons e Olalla, unha muller que traballa na recolecta de algas na Costa da Morte. 

O director canda Monti Castiñeiras e Marta Lado presentarán o proxecto en roldas de prensa que se realizarán en Carballo e A Estrada nesta mesma semana. 



x