Isaac Xubín gaña o Lueiro Rey co poemario 'A cadencia da fractura'

Isaac Xubín gaña o Lueiro Rey co poemario 'A cadencia da fractura'

O xurado destaca a audacia estética do traballo e a "suxestiva proposta para reinterpretar conceptos esenciais".


Isaac Xubín (A Coruña, 1978) é o gañador do premio Manuel Lueiro Rey de poesía, que este ano chegaba á súa quinta edición. O xurado decidiu por maioría outorgar o galardón ao poemario ‘A candencia da fractura’ deste tradutor e escritor, escolléndoo entre os 26 traballos presentados.Tal e como se establece nas bases, o libro será publicado por Xerais.

O xurado destaca da obra a “suxestiva proposta para reinterpretar conceptos esenciais, tanto individual como social”, para alén de parabenizar a “estética audaz”. O xurado, presidido por Luis Cochón, estaba composto por Mario Regueira, Mercedes Queixas, Eli Ríos e Armando Requeixo, así como Carmen Carreiro, presidenta da asociación cultural O Cruceiro da Laxe



x