QUE FACER?

Unha fin de semana con jazz a capela e coros galegos

Unha fin de semana con jazz a capela e coros galegos
Ejazz
Ejazz  

Oferta moi completa e variada para a primeira fin de semana de decembro, desde a proposta de Ejazz desta sexta feira en Carballo até o XIV Ciclo de Coros Galegos do domingo na Coruña.


Ejazz a capella

Carballo
Auditorio Pazo da Cultura 
Sexta feira
21.00h

O jazz, soul, funk e bossa nova danse cita neste concerto no que a voz é o único instrumento das vocalistas galegas de Ejazz, Premio Martín Códax da Música. 

Dúas donas que bailan    

Compostela
Teatro Principal
Sexta feira
20.30h

Un espectáculo teatral de Teatro do Atlántico, onde se mesturan o drama, os soños e os fracasos das súas complexas personaxes nunha viaxe intensa e divertida. 

Mamá Cabra

Viveiro
Teatro Pastor Díaz
Sábado
18.00h 

Eu cociño, ti cociñas? É un espectáculo infantil que combina teatro, música e alimentación saudábel.


 

VII Festa da Chanfaina de Bardaos

San Sadurniño
Local social de Bardaos, Bañoca
Sábado
15.00-23.00

Festa de exaltación da chanfaina, un prato típico e contundente que alí preparan cos mellores ingredientes e que tamén contará coa música do solista David Moledo.

IV Xornada do rural Pousa Antelo

Negreira
Local social de Liñaio
Sábado
10.00h

A IV Xornada do rural Pousa Antelo, que se realizará o 1 de decembro no local social de Liñaio (Negreira), contará con charlas e mesas redondas sobre gandaría e sustentabilidade ambiental, a conformación do rural do leite na Galiza, a muller no rural, a nespra do castiñeiro, construción con madeira ou sobre malas prácticas na paisaxe. Organizadas pola asociación cultural Afonso Eanes, a entrada é libre.

Outono

Vimianzo
Auditorio
Domingo
21.30h

Sorprendente espectáculo de novo circo con música en directo, destinado ao público infantil e que reúne aos fundadores de Pistacatro produtora de soños.

XIV Ciclo de Coros Galegos

A Coruña 
Teatro Rosalía de Castro 
Domingo
19.00h

Derradeira xornada do XIV Ciclo de Coros Galegos históricos e novos, onde contarán con Coral De Ruada e Coral Polifónica El Eco, ademais dos anfitrións Cántigas da Terra.
 



x