QUE FACER?

O jazz toma esta fin de semana Nigrán

O jazz toma esta fin de semana Nigrán
Xacobe Martínez —no centro, nunha actuación de Sumrrá— abrirá esta sexta feira o festiavl de Nigrán.
Xacobe Martínez —no centro, nunha actuación de Sumrrá— abrirá esta sexta feira o festiavl de Nigrán.  

XXXIV Festival Intercéltico do Morrazo

Moaña

Diversos Espazos

Sexta feira e sábado

Un dos festivais máis relevantes do panorama folk galego, o Intercéltico do Morrazo, en Moaña, celebra este ano a súa XXXIV edición entre os días 26 e o 28 de xullo. Unha cita que contará coas actuacións de grupos e bandas de Moaña, dos galegos Budiño e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, os bretóns PLANTEC e os escoceses Project Smok e Capercaillie. Ademais, con actividades como a mostra de instrumentos tradicionais, clases maxistrais de música, de baile galego e danzas do mundo, e un DJ folc na última xornada.

 

 

Susana Seivane en concerto

Carballo

Praza do Concello

Sexta feira

22.30h

Susana Seivane presentará o seu último traballo, FA, un dobre disco no que fai unha reflexión sobre as sensacións producidas durante o embarazo e a maternidade.

 

Antros Pinos

Taragoña (Rianxo)

Campo Maneiro

Sexta feira e sábado

Coas actuacións de Ruxe Ruxe, Vadebo, Zënzar, Skama La Rede, Ezetaerre, Cuarta Xusta, Orquesta Neverloura, Enxebre, Pichadiscos Ferromona e De la Cruz Show.

 

17 graos Ribeira Sacra. Paisaxe

Lugo

Ribeira Sacra

Sexta feira, sábado e domingo

Unha das citas musicais máis singulares do verán xunta artistas da escena nacional e internacional, viño, gastronomía e patrimonio nun marco natural de excepción. 

 

Gadélica Sargadelos

Cervo

Sargadelos

Sexta feira, sábado e domingo

Dous escenarios: o Main Stage, con concertos como o de Malandrómeda; e o Delos Garden, no que se alternarán sesións de dub, reggae e música alternativa.

 

Nigrán Jazz

Nigrán

Praza da Constitución

Sexta feira e sábado

Este festival reúne figuras da escena mundial con recoñecidos músicos galegos como Xacobe Martínez Antelo e Dani Font.

 

Observacións guiadas do ceo

Pontevedra

Observatorio Astronómico de Cotobade

Sábado

23.00h

A actividade consta de dúas partes: observación a través do telescopio do observatorio e explicación no exterior do ceo a primeira ollada. Todos os sábados, previa reserva.