FESTIVAL DO 16 AO 18 DE AGOSTO

Jazz sobre a ría de Ferrol

Jazz sobre a ría de Ferrol
O Xacobe Martínez Antelo Trío. Foto: cedida (Moncho Rivadulla).
O Xacobe Martínez Antelo Trío. Foto: cedida (Moncho Rivadulla).  
Ferrol e Mugardos como cidade única. Ese é polo menos o espírito Jazz de Ría, que nesta terceira edición volve apostar por “importantes nomes” da escena a nivel nacional e internacional.

O Manuel Gutiérrez Trío, liderado polo pianista, abrirá a cita a sexta feira 16 de agosto no Cantón de Mugardos. Continuará ao día seguinte, 17 de agosto, coa guitarra manouche -o jazz xitano que popularizou no seu día Django Reinhardt- do David Reguero Trío. Será no Campo do Río no Seixo. Á noite do sábado, jazz latino: o Carlos Sarduy Afrocuban Jazz.

O domingo 18, na Praza Vella de Ferrol, o Xacobe Martínez Antelo trío “avhegará unha proposta de jazz galego de primeira liña, en liberdade e sen complexos”. E á noite, o peche da terceira edición do Jazz de Ría  correrá a cargo doutro grupo da Galiza: o Marcos Teira Quinteto Nós, “mestizo e persoal, cunha suxestiva paisaxe sonora en directo”.

A organización do festival -os concellos de Ferrol e Mugardos- salientan “unha programación de calidade que se integra co máximo respecto en escenarios situados en entornos patrimoniais de gran beleza”. A maiores, sinala que en apenas dúas edicións “ampliou notabelmente o seu público”.