Lembranzas a Novoneyra no seu 85 aniversario

Lembranzas a Novoneyra no seu 85 aniversario

O 19 de xaneiro de 1930 nacía en Parada do Courel o poeta Uxío Novoneyra. O mundo literario lembra un dos grandes nomes do século XX no seu 85 aniversario. 


A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convida, neste aniversario, a ver a vídeo creativo dirixido por Carlos Seijo “Canto de permanencia” arredor da figura do poeta Uxío Novoneyra. O documental está tamén disponíbel na nosa loxa. 

Documental creativo "Canto de Permanencia" from Pixel Films on Vimeo.

Pola súa parte, o crítico Ramón Nicolás lembra hoxe ao poeta do Courel no seu blog Caderno da critica cun manuscrito poético cedido pola Fundación Novoneyra co poema “Amador e Daniel”. A Fundación, con sede na casa natal do Courel,  disponibiliza documentación e información arredor do poeta desde a súa páxina na rede. 

Tamén Armando Requeixo recupera no seu blog Criticalia un haiku co que o poeta obsequiou aos escritores Claudio Rodríguez Fer e Carme Blanco.