O MÍTICO GUITARRISTA DE SPRINGSTEEN E ACTOR

Little Steven actúa en Vigo o 12 de xullo

Little Steven actúa en Vigo o 12 de xullo
Little Steven. Foto: cedida.
Little Steven. Foto: cedida.  

É unha das pezas chave da lendaria E Street Band, a maquinaria de soul rock que acompaña os máis interesantes e fogosos discos de Bruce Springsteen. O guitarrista Steven Van Zandt, Little Steven, actuará no parque de Castrelos, en Vigo, o vindeiro 12 de xullo.
 

Nos últimos anos a sona de Van Zandt medrou. Mais non foi debido á música, senón ao seu papel nunha das series que mudou a televisión, Os Soprano. Porén, Little Steven continuou paseando o seu soul de garaxe como Little Steven e escoltando Springsteen polos escenarios do mundo. Ademais, espalla o seu credo musical -todo aquel pop derivado dos sesenta e atravesado pola cultura afroamericana.

A Vigo chegará co seu último disco, Soulfire (2017), a nome de Little Steven. Cabeza envolta nun pano, activista anti apartheid, responsábel en boa medida do exuberante son da E Street Band, o concerto de Van Zandt enmárcase dentro das festas da cidade.



x