ONDE SENTIR O MEDO

Lugares malditos nun cabo do mundo “máxico”

Lugares malditos nun cabo do mundo “máxico”
[Imaxe: cedida] Sanatorio de Cesuras
[Imaxe: cedida] Sanatorio de Cesuras  

Con motivo da celebración do solsticio de verán, o antropólogo e museólogo Felipe-Senén, redactou, para o semanario Sermos Galiza, unha listaxe con 13 lugares "onde sentir a aura do medo". Queres descubrilos? Deixamos aquí unha pequena mostra do recollido no Sermos en papel.


1 - A illa de San Simón, de triste historia, cantada por Mendiño en lembranza da namorada que espera o amigo, namentres sobe  o mar … Lazareto, campo de concentración na guerra civil.

2 - A casa do Demo de Anllóns, onde bailaban os mobles, cuspían do ceo e caían as pedras…para quedar deshabitada, reconstruída e casa de turismo rural hoxe.

3 -  A torre de Caldaloba, Cospeito, das andanzas de Pardo de Cela. Lugar en que, en 1911, aconteceu un terrorífico caso de superstición, o ritual de esfolamento da faciana dun veciño.

4 - O Santuario do Corpiño en Lalín, santuario aos anxos bos, onde se venera os santos da demonoloxía, San Silvestre, San Gregorio…onde o exorcismo é o pan de cada día.

5 - San Andrés de Teixido, Cedeira, final dun camiño, ascese que fai de morto o que non fixo de vivo e será como reptil, purgando as súas faltas.

6 - O Sanatorio de Cesuras, obra feita para tuberculosos, seguindo a arquitectura Modernista de González del Villar, desmantelado, entre a sombra de sonoros eucaliptos.

7-  O Puzo de Ana Manana , Ourense, onde no século XV os veciños desta ribeira do Miño asasinaron un bispo feudal...

...

[Para coñecer o resto de "lugares malditos" e ler íntegra a colaboración, podes adquirir o Sermos Galiza 251 na loxa ou nos quiosques e puntos de venda habituais]