O Macbeth de Manuel Lourenzo

O Macbeth de Manuel Lourenzo
Manuel Lourenzo
Manuel Lourenzo  

Foi Manuel Lourenzo o primeiro en optar por unha representación galega de Macbeth, en Ribadavia en 1975 e na Coruña. A tradución, feita polo propio Manuel Lourenzo, non se publicou mais consérvase na Biblioteca Arquivo Francisco Pillado Mayor da UDC.

A representación da Coruña contou cun cartaz de Luís Seone en impresión de Moret. A representación correu a cargo do Teatro Circo, o primeiro grupo galego de teatro independente.

Captura de pantalla (16)

Antes disto Galiza coñeceu Macbeth noutros formatos. Primeiro, en maio de 1857, a través da ópera de Verdi. Cóntao El Iris de Galicia en breve anuncio que tamén indica que é a primeira vez que se representa en Galiza esta peza que se estreara dez anos antes en Florencia.

Con máis atraso aínda chegou a Galiza o Macbeth de Orson Welles. O filme, do ano 48, non foi referenciado na prensa da Galiza até 1963 e non entra na carteleira até 1970.

Si tivo moita repercusión na prensa galega a noticia, procedente de Lisboa, do incendio que arrasou o Teatro Nacional en decembro de 1964 durante unha representación de Macbeth, acentuando así un certo ar de maldición, fatalidade e supersticións teatrais asociadas desde o século XVII á obra. Nen a elas foi alleo Manuel Lourenzo.